Friday 03 de May de 2024

Protección Civil de Vimianzo fai entrega do material escolar ao alumnado de Carnés e Cereixo


Coordinouse coa dirección do CEIP Ponte do Porto de Camariñas a recollida dos libros .

O equipo de Protección Civil de Vimianzo recolleu esta mañá o material escolar que aínda estaba no CEIP Ponte do Porto de Camariñas e que pertencía ao alumnado das parroquias vimiancesas de Carnés e Cereixo.

Esta acción, en coordinación coa dirección e co conserxe do centro, permitirá que unha ducia de estudantes conten cos libros e demáis material que eles tiñan no colexio na casa, para poder completar dunha maneira óptima as tarefas que viñan realizando desde o comezo do estado de alarma.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo “agradecer á dirección do CEIP Ponte do Porto, e ao seu conserxe Jesús, as facilidades que dispuxeron para o noso equipo de Protección Civil, que nestes momentos xa van camiño das casas das pequenas e pequenos para entregarlles o material”, comentaba a rexedora.